Cando nos preguntamos pola orixe do mundo e do home, os nosos intereses céntranse no ámbito histórico e científico, as nosas preocupacións son o como histórico e os procesos físicos, biolóxicos e astronómicos, quizais porque sabemos moi pouco sobre el, a pesar das diferentes teorías que consideramos.
Os homes que escribiron os textos de Xen 1-3 pertencían a unha cultura pre-científica e os seus centros de interese eran outros: celebrar as festas do ano novo, bendicir ao Deus da fertilidade, garantir a permanencia dos froitos da terra e da cabana
O home bíblico utilizou formas de expresión semellantes ás empregadas por outros pobos ou outras culturas do seu arredor, pero expresando a través delas contidos novos e peculiares, manifestando unha orixinalidade verdadeiramente notable na súa cosmovisión.
Interesados contactar: movimientobiblicolugo@gmail.com