Encontro sobre o Evanxeo de Xoán, xoves 25 de maio ás 5 da tarde presencial no Seminario e na plataforma Zoom. Interesados comunicarse con: movimientobiblicolugo@gmail.com
O evanxeo de Xoán é un evanxeo diferente; é un evanxeo especial. Os evanxeos sinópticos están interconectados: o mesmo esquema, gran parte do seu material é común, as súas mensaxes teolóxicas son similares. Pero, cando abrimos o IV Evanxeo, temos a impresión de estar nun país completamente diferente: outra lingua, historias descoñecidas, un marco simbólico orixinal, un estraño pensamento teolóxico no que o lector se sente incómodo pero cativado.