o 25 de xaneiro celébrase o Domingo da Palabra con lema: “La palabra de Cristo habite en vosotros” (Col 3,16).

O Domingo da Palabra de Deus permite aos cristiáns reforzar unha vez máis a invitación persistente de Xesús a escoitar e custodiar a súa Palabra, ofrecendo ao mundo un testemuño de esperanza que nos permite transcender as dificultades do momento presente. A Palabra de Deus non se limita a un libro, senón que permanece sempre presente e convértese nun signo concreto e tanxible. De feito, desafía a cada comunidade non só a proclamar a fe de todos os tempos, senón sobre todo, a comunicala coa convicción de que leva esperanza a todos os que a escoitan e a reciben cun corazón humilde. Cada comunidade local pode atopar as formas máis axeitadas e eficaces de celebrar este domingo, fomentando «unha familiaridade profunda e constante coa Sagrada Escritura entre o pobo de Deus» (Aperuit illis, 15).
Convidámoste a vivir o Domingo da Palabra de Deus como unha oportunidade para:
- Deterte e escoitar a súa voz no balbordo do día a día.
- Sentir a compañía de Cristo na túa realidade concreta.
- Celebrar en comunidade que a Súa Palabra está viva e habita entre nós.
Este domingo, deixa que a Palabra de Cristo habite en ti. Non busques unha frase, busca a El.